
marketing alto RENDEMENTO
MÉTODO MARKETING DE ALTO RENDEMENTO
Estás obsesionado con saír sempre na primeira páxina de Google?
Estás obsesionado en saír en primeiro lugar na páxina de Google?
Se estas son as túas preocupacións principais na procura de bos resultados para a túa empresa, estaste a fixar en obxectivos totalmente errados. Se o noso obxectivo principal é vender máis, Por que non diriximos a nosa mirada ao noso potencial cliente? Por que non diriximos a nosa mirada para ver que fan os nosos competidores e que armas están a utilizar? Se non coñecemos ao noso cliente potencial e se non coñecemos contra quen estamos a ccompetir, estamos abocados radicalmente ao fracaso, estaremos a facer o PARÍS- DÁKAR sen poñer auga na nosa mochila. Tarde ou cedo morreremos de sede.
Por isto, en Áncora Vigo, en base aos nosos coñecementos e experiencia, construímos unha metodoloxía única na que cambiamos 180º nosa mirada para poder chegar a máis clientes e mesmo fidelizalos.
A RENTABILIDADE É O OBXECTIVO
Buscamos e atopamos as fontes MÁIS RENDIBLES de tráfico para o teu negocio. Non queremos moitos clics, queremos clics de calidade.
ONDE ESTAMOS?
Auditamos a túa presenza na internet e buscamos cal é a estratexia de optimización para que os motores de procura entendan cal é o noso obxectivo principal e a que tipo de usuarios tennos que posicionar.
ANTES DE COMEZAR O CAMIÑO
Construímos relevancia a través da observación dos datos que imos opteniendo dos usuarios. Observaremos como actúan os usuarios que nos “mercaron” e estudaremos o “avatar” ou perfil do noso cliente potencial.
XA PODEMOS COMEZAR O CAMIÑO
Optimizamos o deseño e os textos da túa web en base aos datos optenidos no paso 3 enfocando todo o noso traballo na consecución da máxima CONVERSIÓN.



