Hoxe acudimos ao Evento que anualmente organiza ADNPymes en Vigo. Este ano trataron un tema moi interesante e necesario para as empresas que queren seguir existindo nestes tempos tan convulsos que nos tocou vivir: A aceleración da dixitalización das empresas. O lema deste ano é moi indicativo das necesidades que temos as empresas de reinventarnos: “As Pemes narecuperación e a reactivación”. Certo é que estamos a pasar por unha época que axilizou enórmemente a necesidade da devandita dixitalización. As empresas (todas) debémonos actualizar e reinventar. O que nos servía hai un ano ou dous xa non nos serve e se non actuamos rápido pode levarnos ao fracaso.
Temos que ser conscientes que en España:
- Desde o 2019 ao 2021 o número de vendas na internet pasou do 12% ao 40% do total.
- gasto medio por compra e por usuario pasou de 60€ en 2019 a 120€ no ano actual.
- 50% da poboación realiza compras na internet semanalmente (produtos e/ou servizos)
- Sabes que o 20% dos “carriños abandonados” débense a que non existe a posibilidade nas tendas en liña de poder realizar un seguimento de envío? Xa non abonda con que lle informes ao usuario que en 24 ou 48 horas vai recibir o pedido. Quere saber en todo momento onde está a súa compra.
Os temas tratados foron os seguintes:
- Dixitalización: afrontar o reto da transformación dixital e beneficiarse das súas oportunidades.
- Xestionar de forma eficiente a carteira de clientes nunha contorna dixital.
- Financiamento: evitar os problemas de solvencia e liquidez grazas á xestión da tesourería.
- Entender a importancia da automatización e dixitalización financeira.
- Next Generation: coñecer as opcións de financiamento existentes. Fondos Europeos e outras liñas de financiamento.
- Persoas: orientar a xestión de persoas no escenario actual.
- Reindustrialización: aumentar a produtividade e innovación.
- Sustentabilidade: construír pemes sostibles, competitivas e responsables.
Comments are closed.